Facendo barrio‎ > ‎

Campamentos de verán do Concello da Coruña

publicado a la‎(s)‎ 9 jun 2011, 11:46 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
Este verán, como nos anteriores, o Concello da Coruña programa varias quendas de campamentos para os máis novos.
Xa case non nos queda nada para as vacacións de verán ¿que plans tedes? se vos apetencen os campamentos do concello que non se vos pasen as datas de preinscripción: os días 13, 14 e 15 deste mes de xuño poderedes inscribir aos cativos nos campamentos de verán que organiza a Concellería de Servizos Sociais. Organízanse en tres modalidades: campamentos tradicionais, campamentos de día e campamentos urbanos.

Tedes toda a información nesta ligazón ou chamando ao 010. Se vos interesa, tamén podedes consultar a listaxe de campamentos deportivos nesta páxina.
Comments