Facendo barrio‎ > ‎

"Contos vellos, novos finais" no CCM de Mesoiro

publicado a la‎(s)‎ 6 abr 2011, 3:19 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía

Actividade de sensibilización interxeracional dirixida a persoas adultas.
  • Día: venres, 8 de abril de 2011
  • Hora: de 18:00 a 19:30 h
  • Centro Cívico Municipal de Mesoiro
Este venres día 8 de abril, no Centro Cívico Municipal de Mesoiro, temos unha actividade dirixida a todas as nais/pais con fillas/fillos entre os 4 e os 10 anos.
As persoas participantes no obradoiro, que se desenvolverá nun clima distendido e ameno, poderán intercambiar opinións, experiencias e propoñer o establecemento de relacións de xénero máis equilibradas.
"Contos vellos, novos finais - O que nunca che contaron" promovida pola Concellería de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña e inclúese dentro das actividades organizadas co gallo do día internacional das mulleres - o pasado 8 de marzo - (ver cartel)

Prazas limitadas. ¡Apúntate xa no CCM de Mesoiro!

Comments