O vindeiro sábado día 19 de xaneiro na sede da Federación Provincial de APAs: conferencia-coloquio A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, en colaboración coa Fronte Cívica Somos Maioría, organiza unha charla-coloquio aberta este sábado día 19 sobre a débeda española e como afecta esta á educación pública. Dende hai bastante tempo os nosos dirixentes din que España debe moitos cartos, que cada español ten unha débeda importante. O presidente da Xunta chegou a dicir antes das eleccións que cada galego debe 2800 euros, dando a entender que a débeda española é responsabilidade dos cidadáns, e iso é algo totalmente falso. Este erro o repiten con insistencia en moitos medios de comunicación, causando confusión nas persoas que non están moi informadas do asunto. O motivo de esta charla-coloquio é o de informar sobre a débeda e por qué é ilexítima, ademáis de explicar as consecuencias que ten para os servizos públicos, neste caso a educación. Para elo contaremos con dúas persoas expertas no tema, que falarán en profundidade coa intención de que esteamos mellor informados de todo o que está a acontecer: Miguel Quinteiro e Alfredo Iglesias Diéguez. Miguel Quinteiro é activista de Attac, Coop57 (entidade da que é socio promotor) e a Plataforma polo aforro público, entre outros grupos. Ademáis, é ex traballador e ex membro do consello de administración de Caixanova. O vídeo da súa detención o pasado 25 de setembro foi moi coñecido, xerando unha gran indignación en moitos cidadáns. É autor de numerosos artículos e publicacións sobre a débeda e leva moitos anos denunciando a situación das Caixas de Aforros, as cales todos sabemos como remataron. Alfredo Iglesias Diéguez é doutor en historia, especialista en evolución humana e profesor de ciencias sociais e escritor. Foi colaborador habitual de Galicia Hoxe, tanto no suplemento "Descubrir", con artigos de divulgación científica ou histórica, como nunha columna de opinión titulada “Na marxe esquerda”, recibiu o Premio Puro Cora de Xornalismo en 1996 polo artigo “SOS Racismo, a humanidade en perigo”, é, dende o ano 2003, é colaborador habitual do xornal Faro de Vigo. Tamén ten publicado artigos en Altermundo, portal altermundista galego do que pertence ao seu Consello editorial, e en Rebelión. Integrou o equipo de redacción da Enciclopedia Galega Universal, obra que recibiu o Premio Crítica de Galicia á iniciativa cultural no 2001. Tamén participou na realización de libros de texto nas editoriais Tambre e Obradoiro, coa que segue a traballar na actualidade. |
Facendo barrio >