Facendo barrio‎ > ‎

Este neno non para!

publicado a la‎(s)‎ 14 sept 2012, 1:01 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
Charla sobre o TDAH mañán sábado 15 de setembro ás 18:00 na bibliteca municipal


Dende a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga 10, baixo) convídannos á charla Este neno non para!, que dentro dos Encontros Biblioteca en Acción teñen preparada para este sábado, 15 de setembro, ás 18.00 h.

ANHIDA CORUÑA, grupo de pais e nais de nenos afectados por TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con/sin Hiperactividad), ofrecerá a charla para dar a coñecer o trastorno: o papel das familias, o rendimento escolar, a adolescencia, etc., resolvendo tódalas dúbidas que teñamos sobre o tema.

A actividade está destinada a todo o público interesado, incluído ós máis pequenos, que poderán disfrutar paralelamente do conto Elena y el camino azul
Comments