O sábado 17 o clube Ximnasia Coruña fará unha exhibición no Pabellón de Novo Mesoiro. O clube Ximnasia Coruña organiza unha exhibición para promocionar o comezo das clases en Mesoiro. Será o sábado día 17 de decembro ás 17:30 no polideportivo municipal de Novo Mesoiro. O clube coruñés, nacido hai xa 5 anos, pretende promover con este acto a actividade de ximnasia feminina no barrio de Novo Mesoiro. Para máis información podedes dirixirvos directamente ao clube a través da sección contacto do seu sitio web. |
Facendo barrio >