Facendo barrio‎ > ‎

Feira Matemática 2012

publicado a la‎(s)‎ 5 may 2012, 0:39 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
AGAPEMA en colaboración coa Concellería de Educación, Deportes e Xuventude organiza a Feira Matemática 2012

A feira matemática está pensada e organizada para a divulgación e achegamento das matemáticas ao alumnado de todas as etapas educativas así como ao profesorado en xeral, organízase con motivo do Día Escolar das Matemáticas.

Dende a Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude convídannos a "gozar dunha magnífica ocasión para intervir nunhas actividades lúdicas que fomentan o gusto polas matemáticas".

Será o vindeiro sábado 12 de maio no Palexco, de 11:00 a 19:00, organizada pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA)

Tedes máis información neste tríptico do evento.
Comments