Facendo barrio‎ > ‎

"Gran recogida de alimentos"

publicado a la‎(s)‎ 11 nov 2011, 1:29 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 11 nov 2011, 1:45 ]
A oficina de La Caixa de Novo Mesoiro sumida nun "suma e segue" coa obra social no barrio.

A Obra Social "la Caixa" en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, impulsan un ano máis unha recollida de productos de alimentación básica.

En Novo Mesoiro, poderedes levar os productos de alimentación básica á oficina de La Caixa do barrio do 21 ao 25 de novembro. Tras os bos resultados dos anos anteriores, e movidos por un afán de superación e traballo conxunto, téntase chegar a recoller 400 toneladas de alimentos.

Non sabemos se as 400 toneladas entrarán na oficina pero, seguro que se as levades, Eva e Laura faranlle sitio.

Grazas de antemán a todos vos pola colaboración.

Comments