Facendo barrio‎ > ‎

Inaugúrase a 1ª fase do parque forestal de Novo Mesoiro

publicado a la‎(s)‎ 3 ene. 2011 9:32 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 3 ene. 2011 10:14 ]
O vindeiro domingo 09/01/2011 ás 12:00 h. inaugúrase a 1ª fase do parque forestal de Novo Mesoiro, haberá actividades para os cativos, e non tan cativos...

O parque forestal está ubicado na franxa Norte da urbanización de Novo Mesoiro

O parque, que segundo nos informa o Concello da Coruña, conta con 450 m² de áreas infantís e 500 m² de zonas recreativas para persoas maiores, ademais de 30.000 m² de zonas verdes, mesas, bancos e 1.100 metros de zona de paseo con valos de madeira e arboredo; quedará inaugurado dende esta semana para desfrute de toda a veciñanza.

Comments