15 membros compoñen a nova Xunta Directiva, tras ser elexida por unanimidade onte en Asamblea Xeral no Centro Cívico Municipal de Novo Mesoiro. A única e numerosa candidatura presentada para asumir a directiva da desmembrada asociación de veciños de Novo Mesoiro, foi formalmente constituída na Asamblea Xeral de onte venres, 25 de maio de 2012, polo voto unánime dos presentes. ![]() Na breve Asamblea Xeral, que tivo lugar no salón de actos Centro Cívico Municipal de Novo Mesoiro, informouse aos escasos socios presentes do estado de contas da asociación, elexiuse a Xunta Directiva e o novo presidente, Nilo, presentou aos seus integrantes, que manifestaron estar xa traballando para volver a ter unha asociación de veciños operativa canto antes. ![]() Dende aquí desexámoslle moita sorte a nova Xunta Directiva, que asume un difícil papel poñéndose ao frente dunha asociación que levaba xa dous anos de inactividade. Hai moito traballo por facer neste barrio, sen dúbida, así que moito ánimo. |
Facendo barrio >