Facendo barrio‎ > ‎

Nova oferta deportiva municipal para esta primavera

publicado a la‎(s)‎ 2 abr. 2012 1:19 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía   [ actualizado el 2 abr. 2012 1:20 ]

O Concello da Coruña xa publicou a súa oferta de deportes en primavera para todas as idades.


Xa tedes a vosa disposición os campus, cursos e actividades deportivas que oferta o Concello da Coruña para esta primavera: patinaxe, natación sincronizada, vela, surf ou mesmo esgrima son algunhas das 40 modalidades deportivas nas que vos poderedes inscribir.

Son máis de 2500 prazas para todos os públicos, dende os 3 anos de idade ata que "o corpo aguante", para actividades programadas entre o 2 de abril e ata o 30 de xuño.

Podedes consultar toda a información na web municipal: www.coruna.es/deportes e descargar o tríptico de Deporte en Primavera dende esta ligazón.


¡Xa non tedes escusa para mover o esqueleto!


Comments