Facendo barrio‎ > ‎

Novas actividades no Centro Cívico de Mesoiro

publicado a la‎(s)‎ 7 mar. 2012 1:25 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía
Actividades de balde para conmemorar o 8 de marzo, día internacional da muller.

Xa te podes inscribir nos obradoiros que organiza o Centro Cívico con motivo da celebración do día internacional da muller:

Obradoiro "Trucos do fogar", onde poderemos aprender eses grandes misterios do funcionamento doméstico: coser uns botóns, subir uns baixos, trucos de pranchado, de lavado...

Obradoiro "Arreglos na casa", no que nos poderemos poñer ao día en obras de inxeñería doméstica: colgar un cadro, algo de electricidade, fontanería...

Tedes ata o día 9 de marzo para inscribiros nestes obradoiros, e  ata o día 21 se o que queredes é asistir a "Charla sobre o uso responsable de Internet" que se realizará o luns 26 de marzo  de 19:00 a 20:30.

Tedes toda a información aquí ou no propio Centro Cívico.

Comments