Facendo barrio‎ > ‎

Recollida de xoguetes e libros

publicado a la‎(s)‎ 20 dic 2012, 4:21 por ANPA As Lavandeiras do CEIP Manuel Murguía

Dende a Asociación de Voluntarios de La Caixa están impulsando unha nova actividade de nadal. 

Ata o 27 de decembro recollerán nas oficinas xoguetes e libros en bo estado que se doarán a diversas ONG. 

Dende a ANPA ímoslle a botar unha man e, para todos os que queirades colaborar con esta iniciativa, podedes levar os xoguetes/libros, que recolleremos no centro mañán pola mañán e tamén pola tarde (na festa a partires das 18:00) e logo llos achegaremos a oficina de La Caixa en Mesoiro, onde tamén llos podedes facer chegar se vos resulta máis cómodo.


Moitas grazas pola vosa colaboración


(ver cartel)

Comments