ENTRADAS NEN@S PROCEDENTES DE COMEDOR. 1. 15:50. Os educadores de comedor, recollerán aos nen@s que teñan actividades segundo o día que corresponda, e situaranos no ximnasio segundo a actividade e gardando as distancias esixidas segundo protocolo COVID-19. 2. 15:52. Chega o coordinador do centro de protocolo Covid-19, das actividades extraescolares Carlos ao gimnasio. 3. Procédese á toma de temperatura aos nen@s. En caso:
4. Procédese á limpeza de mans con xel desinfectante. 5. O grupo xunto co educador correspondente segundo a actividade, esperará situado no ximnasio ata completarse cos nenos procedentes de casa.
NEN@S PROCEDENTES DA CASA. (15:55 h) 1. 15:55. Hora de entrada. Realizarase pola porta exterior pequena do colexio, (a que está na metade da costa). 2. Os pais, nais, titores legais ou acompañantes xunto cos nen@s, esperarán a que o coordinador do centro Carlos, proceda á toma de temperatura para a comprobación de existencia de febre. En caso:
3. Procédese á limpeza de mans con xel desinfectante. 4. Reúnese co resto do grupo no ximnasio, onde o educador da actividade correspondente e os seus compañeiros estarán ao esperar.
SAÍDAS 17:00 1. 17:00. Realizaranse a través da porta exterior pequena do colexio, (a que está na metade da costa, a mesma que a das entradas). 2. Entregaranse os nenos ordenadamente por grupos, segundo a actividade e mantendo as distancias de seguridade.
Grazas pola vosa responsabilidade.
Lembrade que é a maior e mais eficiente medida para a seguridade de todos os nosos nen@s.
Mantede as distancias de seguridade fóra do recinto escolar. |
Novas >