O día 1 de marzo ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión nos centros de educación de infantil e primaria. Comeza o proceso de admisión para os alumnos en centros docentes de educación infantil e primaria sostidos con fondos públicos para o curso 2012-2013. O calendario a grandes rasgos é o seguinte:
Polo que respecta ao noso colexio continúa sendo o único colexio público que na súa área de influencia abrangue o barrio de Novo Mesoiro, e dicir, o único colexio público no que as familias residentes en Novo Mesoiro, Feáns ou incluso a Zapateira poderán obter os 5 puntos por proximidade ao centro educativo. Un ano máis o CEIP Manuel Murguía segue a ser o único colexio público da zona A ANPA As Lavandeiras en colaboración co equipo directivo do centro organizará unha xornada de portas abertas, para que as familias interesadas poidan visitar as instalacións do centro educativo, e resolver todas as dúbidas que lle podan xurdir de cara a escolarización neste colexio. Está previsto que sexa un día pola tarde ben a finais deste mes de febreiro, ben a principios do vindeiro mes de marzo. Anunciarémolo oportunamente nesta web. Se queredes máis información sobre o proceso de admisión podedes descargala dende as seguintes ligazóns:
Para calquera dúbida ou consulta sobre o centro, comedor, transporte escolar, actividades extraescolares podedes facérnola chegar a través da nosa páxina de contacto. |


