Dende aquí tentaremos dar resposta as preguntas máis frecuentes. Se aínda así vos queda algunha dúbida, podedes enviárnola a través da nosa páxina de contacto e trataremos de resolvela o antes posible.
¿Que significa ANPA?
ANPA é o acrónimo -tipo de sigla que se pronuncia como unha palabra- de Asociación de Nais e Pais de Alumnos.¿Como me fago socio da ANPA As Lavandeiras?
Facerse socio das Lavandeiras é moi doado, so tés que:- Cumprimentar correctamente a ficha de inscripción de socio cos teus datos
- Abonar o importe da cota anual de socio vixente para o curso actual
¿Onde consigo a ficha de inscripción de socio?
Haberá copias no taboleiro de anuncios da ANPA no colexio, está na entrada a man dereita. Tamén nola podes pedir a calquera membro da Xunta Directiva cando nos vexamos, nas reunións, no colexio ou mesmo na parada do autobús. Ou ben tamén podela descargar dende aquí.¿Quen pode ser socio da ANPA As Lavandeiras?
Según os nosos estatutos: "Poderán ser membros da Asociación todos os pais ou titores maiores de edade, dos alumnos que cursan estudios no CEIP Manuel Murguía de Feáns, 15190, A Coruña"¿Canto costa ser socio da ANPA As Lavandeiras?
A cota de socio debe ser aprobada pola Asamblea Xeral para cada curso. É unha cota de pago anual e por familia, os importes para o curso 2019/2020 serán os seguintes:- 20€ ao ano para familias con 1 fillo matriculado no centro.
- 30€ ao ano para familias con 2 fillos matriculados no centro.
- 35€ ao ano para familias con 3 ou máis fillos matriculados no centro.
¿Como pago a cota de socio?
A cota de socio abóase nun único pago anual de calquera das tres formas seguintes:- En efectivo, ingresando o importe na conta corrente das Lavandeiras La Caixa ES 84 2100 5876 28 02 00031785 (oficina 5876 de Mesoiro). Fai constar o "cota+nome e apelidos do teu/s fillos" no concepto, para que poidamos identificar que socio está pagando.
- Por
transferencia bancaria a conta das Lavandeiras, cumprimentando os
mesmos datos sinalados no apartado anterior. Podes poñerte en contacto connosco e facilitarémosche o número de conta.