O transporte escolar é o servizo para o traslado do alumnado menor de dezaseis anos dende o lugar onde técnica e legamente sexa posible, ata o centro docente no que estea escolarizado.
O transporte escolar xestionado pola Xunta de Galicia realízase en vehículos autorizados e está destinado a alumnas e alumnos que cursen ensinanzas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria en calquera modalidade de escolarización.
Na lexislación estatal vixente ten a consideración de servizo educativo complementario e gratuíto para todos os centros públicos.
O alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria que lle corresponda por adscrición o CEIP Manuel Murguía ten dereito á gratuidade do transporte escolar, sempre que ese centro diste máis de dous quilómetros do seu domicilio, ou que por circunstancias excepcionais se autorice.
Actualmente o transporte escolar no CEIP Manuel Murguía lévase a cabo, dado o número de alumnos matriculados, mediante dous autocares con acompañante que recollen ao alumnado que ten o seu domicilio dentro da zona de influencia do colexio: Zapateira, Mesoiro, Urb. Breogán, Novo Mesoiro...
Os horarios varían en función das paradas, a recollida é aproximadamente entre as 8:35 e as 8:50 para a ida polas mañás, e entre as 14:05 e as 14:25 a volta do periodo lectivo. Tanto os horarios como os percorridos poden sufrir variacións cada curso en función do alumnado usuario do transporte escolar.