Uniforme escolar



Dende antes xa da constitución desta ANPA, existía no colexio unha demanda por parte dalgunhas familias para que se definise unha uniformidade escolar para o alumnado do CEIP Manuel Murguía, ben un chándal, ben o uniforme completo. 


Como asociación de nais e pais do centro, decidimos recoller e canalizar a dita demanda crecente entre as familias -algunhas da ANPA e outras non- e seguimos os pasos necesarios para o seu trámite.


Aprobouse na Asamblea Xeral extraordinaria do 10/05/2012 e trasladouse esta decisión das familias ao Consello Escolar, que tamén o aprobou na sesión extraodinaria do 21/05/2012.

O uso do uniforme escolar nun centro público é, en todo caso, voluntario e non obrigatorio como así recolle a acta do Consello Escolar, non debe utilizar o logo do centro senón o da ANPA, o cal non quere dicir que haxa que ser da ANPA para usar o uniforme.


26/06/2015: Exiten outros proveedores interesados en distribuir o uniforme da nosa escola. En canto confirmemos a disponibilidade actualizaremos este apartado.

 

Podedes achegarvos á tenda onde se acordou adquirilo -El Uniforme- por se queredes velo, encargalo, consultar prezos ou que vos informen de todas as dúbidas que teñades ao respecto. Deixámosvos tamén unha ligazón ao seu sitio web e un mapa para que o localicedes con facilidade.