Ola familias!!!!

Xa rematou este curso e agora toca pasalo ben, xa temos aquí a nosa festa de fin de curso que terá lugar o venres 19 de xuño de 17h a 20h.


Os socios da ANPA terán a entrada de balde e os NON SOCIOS  farán unha doazón de 5€ por neno/a.

 

A entrada ó recinto será de 17:00h a 17:30h.


E a saída será de 19:30h a 20:00h. 


Haberá inchables, festa da espuma, música e merenda.


Non te esquezas de traer a túa muda de reposto xunto co bañador, chanclas ou escarpins, toalla e se queres uns lentes para protexer os ollos.


Ese día haberá actividades extraescolares no horario habitual. 


VINDE A PASAR UNHA TARDE DIVERTIDA!!!